sábado, 1 de abril de 2017

Desfrutando da Vida

Cando somos pequenos non somos conscientes de todo o que pasa ao noso arredor. Non temos a penas responsabilidades e o noso fin e pasalo ben, xa sexa cos nosos amigos xogando no patio, coa nosa familia en algún tipo de evento, ou mesmamente sos mentres vemos debuxos animados.

Mais todo iso vai cambiando a medida en que nos facemos maiores. Comezamos a ver de que vai a vida, dos obxectivos que esperan que cumpramos, dese futuro que a fin de contas nos marca a sociedade.
A veces, chegamos a frustrarnos demasiado por non lograr conseguir ese estado de plena felicidade ou de plena gratitude co que estás a vivir. E como se chega a ese estado?

Fácil... Cambiando a mentalidade!
Pois porque a vida é demasiado corta para romperte a cabeza en cousas que non son importantes, ou nas que só imos atopar cousas negativas.


Observándote nun reflexo poderás ver a túa mellor cara

Fai uns anos non sabía que estaría estudiando, mais agora tampouco sei en que vou acabar nun futuro. Iso significa que teña que buscar unha resposta? Pois non, porque hoxe estou facendo isto e mañá non se sabe. Hai que desfrutar do momento, e se che gusta o que estás a facer e de quen te rodeas creo que está máis que claro.


TODOS, temos altibaixos, TODOS en algún momento sentimos algún tipo de “crise de identidade”, TODOS nos sentimos sos en algún momento, TODOS cometemos erros...PERO tamén TODOS vivimos momentos irrepetibles, TODOS atopamos o estado de satisfacción cun mesmo, TODOS chegamos a sentirnos plenamente feliz en un momento determinado!

Basta xa de mirar o lado malo das cousas, que tal se miramos o lado bo?
Ultimamente gústame vivir, e vivo a gusto con este tipo de filosofía: Sempre buscar o positivo! Buscar o positivo do momento, dos sucesos que che ocorren...logo, todo se andará.


Non sei ti, pero eu así consigo sentirme feliz en case tódolos momentos, sentirme ben comigo mesma, co que estou a facer, e co que me queda por vivir. Porque, como tanto se escoita por aí: “A vida só son tres días, e xa vamos polo segundo”, así que, vive a vida, por favor!


1 comentario:

  1. A todos nos pasan cousas e todos intentamos superalas (algúns con máis sorte que outros)... nesa superación está a esencia da vida.

    ResponderEliminar