sábado, 13 de febreiro de 2016

Á expectativa


Expectativa, refírese á “esperanza de realizar ou conseguir algo”. Todos temos os nosos obxectivos, queremos loitar para conseguir algo, esquivando as trabas que nos
poidamos atopar no camiño.

Pero, a veces, a xente confúndese, confúndense na causa. A miúdo, se escoita a frase “Quero logralo porque é o que esperan de min”. Dende o meu punto de vista é unha visión errónea. Está claro que é importante que esperen algo bo de ti, que haxa xente que confíe e apoie, pero de aí a que sexa o teu por que... Un debe facer as cousas primeiramente, para a propia satisfacción, lograr a facer algo por un mesmo, porque así o pensei e así o farei.

Porque todo o que facemos debemos realizalo dende os nosos desexos, e non do que desexen de nos. Parece tolería, e moitos pensarán que é unha esaxeración. Por sorte, a min non me pasa, pero moitos fillos están baixo a presión dos seus pais, polo empeño en que realicen algo que non é do seu gusto, tal vez dese algo que eles mesmos non conseguiron ou puideron ser. E non ten nada que ver isto que estou dicindo co “só pensar nun mesmo”. Só plasmo a idea u opinión de que a nosa principal motivación debe ser a de conseguir ese algo que UN quere. Está claro, que se vai acompañado de máis persoas, mellor.

Non hai maior satisfacción que facer algo que gusta, asistir a clases diso que che gusta...non só os resultados serán mellores, senón que a túa felicidade será plena. Ir acercándote ao destino marcado e poder dicir que o lograches.

Pero a calquera ámbito se pode aplicar isto, en calquera cousa que está pensando...dende se queres escribir un libro, ata vivir cantando polas calles,,, todo é apto, non deben existir mellores e peores, deben existir xente que loita polo que quere.

1 comentario:

  1. Ë moi curioso pero parece que sabes o que ves mirando no espello (e desde que eras CA) así me pareceu... pero hai certas épocas que un dubida se realmente o espello te devolve unha imaxe ou outra... en fin, filosofias! Ánimo que , como decía o poeta, traballar cansa!

    ResponderEliminar