Vaiamos a perder o tempo! Que mal nos pode deparar,
non? Pode que sexa unha das propostas máis seguras,,,
Eu sempre dixen que durmir era unha forma moi
evidente de perder o tempo, pensa, cantas horas ao longo da nosa vida
malgastadas sen facer nada, se fósemos seres sen necesidade de descansar,
imaxinade canto tempo teriamos para facer cousas. Pero, como ben sabemos,
durmir forma parte da nosa vida, e a verdade que aínda para as persoas que non
son de durmir moito (eu inclúome), é un pracer máis como outro calquera.
Pero vaiamos ao caso, estamos para falar aquí
daqueles momentos, que cres non estar facendo nada, quizais pasmado cara unha
parede, ou simplemente tirado na cama sen máis... Vaia perda de tempo diremos!
Pero esta vez, deámoslle a volta, ao mellor estase a construír algo novo, algo
positivo para ti... Ao mellor se eu non perdese tanto o tempo, agora este texto
non estaría publicado. Porque eu son dos que pensa que, en todos os momentos
algo produtivo estás sacando, aínda que sexa simplemente para saber que non
deberías volver a ir con túa nai a comprar un vestido, o que sexa.
Momentos desastrosos no instante vividos,
pero que seguramente axuden nun futuro; casualidades atopadas por un “sen nada
que facer”... É a arte de perder o tempo.
Nin sequera, aqueles momentos que din ser
unha perda de tempo o son. Estou a falar agora de xogar na play station, escoitar
música, ir dar un paseo, ver unha película....de todo estamos aprendendo, e
desaprendendo tamén, por que non dicilo. Pero estamos facendo algo ao fin e ao
cabo, por iso que, en realidade, non existe tal perda de tempo, xa que de TODO,
se debería sacar algo positivo, aínda que ese algo sexa, sen máis, “unha para
aprender, e outra para saber”.
Gústame a reflexión (canto aprendemos nos soños!)... pero non me gusta moito que andes tanto tempo calada (e desde logo que estás no teu dereito!)...
ResponderEliminar