mércores, 25 de novembro de 2015

Non máis violencia contra as mulleres


E despois de moito tempo, aproveito o día de hoxe para retomar isto.
Gracias á iniciativa que me está aportando a materia de Socioloxía de Educación, atrévome hoxe, día 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a falar sobre este tema que afecta a un gran número de mulleres en todo o mundo.

Parece mentira que hoxe en día, coa cantidade de información que temos á nosa disposición, aínda non se detecte de inmediato un acto de violencia. E non hai que dicir a estas alturas, que violencia non só se refire a un acto, non accidental que poida causar ou cause danos no corpo, é dicir, físico;  senón que tamén se pode maltratar psicoloxicamente (humillacións, ameazas..) e sexualmente indo contra a túa propia vontade.

Estamos, aínda hoxe en día, imposible de non ver, ante unha sociedade en desigualdade entre homes e mulleres, na que un dos sexos (o masculino) ten unha maior superioridade fronte ao outro. E por desgracias, diversos factores contribúen a esta situación: está nun primeiro momento a familia, o feito de que sexa a nai quen fregue os pratos, e o pai quen vai ver a televisión; logo o colexio, que dende ben pequenos nos clasifican con batas de color rosa e azul, para diferenciar ben, non vaia a ser; as institucións políticas e relixiosas, cantas mulleres presidentes tivemos? Por que non pode existir unha mama en vez de un papa, ou unha muller cura, digamos que vén xa desde moitos anos atrás; etc.  Estes, exercen unha clara presión para que en determinadas ocasións actuemos dun modo ou doutro, segundo sexa home ou muller quen se atope en tal situación.
Débense detectar no momento, aquelas situacións nas que se produza unha discriminación sexista, e os estereotipos que se asocian a un ou a outro xénero. Os roles de xénero non deberían de existir.
Podería sacar un montón de temas que deran pé a un debate (fareino), pero esta vez, só quero facer fincapé no expresado ata agora. Esta situación debe ser cambiada xa.
Deixo unha cortometraxe español que me gustou especialmente e que emplea unha serie de metáforas espléndidas para abordar este tema, deixo aquí 20 minutos que non teñen desperdicio:  "El orden de las cosas"

Por último deixo cita da célebre filósofa feminista, Simone de Beauvoir que di: “O día que unha muller poida non amar coa súa debilidade senón coa súa forza, non escapar de si mesma senón atoparse, non humillarse senón afirmarse, ese día o amor será para ela, como para o home, fonte de vida e non un perigo mortal”