sábado, 4 de xullo de 2015

Cool Kids

Aínda que creo que non é un fenómeno de agora, parece ser que toca con máis forza nesta xeración, iso de clasificar a xente. Como se tales individuos pertenceran a especies diferentes! Pero a que se debe? Non debería ser cada un como a el lle gusta?

 Elixo esta canción un pouco para que sexa máis fácil poñerse en tema. O estribillo di que ela (a chica espera ser a “elixida”) di que desexaría ser coma os chicos populares, porque todos eles parecen encaixar. Unha mentalidade actual que atrapa a todo aquel débil de personalidade, aquel que non sabe como chegar a alguén e que o acaba convertendo nunha simple marioneta do “grupo cool”.
Esta actitude vese moito nas series americanas
Acaso, andar borrachos por unha festa cun vaso de “cuba-litro”  na man, e un pitillo na outra che fai ser popular? Ir nun coche a toda velocidade arriscando a vida dos demais é ser guai? Pois vaia merda! Eu diría máis ben, “tonto do cú” para poñernos finos.
Tamén o estamos vendo na forma de vestir, na primeira aparencia e sen esquecernos do aspecto físico. Ir a unha festa de chándal, non cabería na cabeza de moitos, pero tampouco é obrigatorio ir en vestido. Isto no caso do sexo feminino, no masculino creo que é outra historia.
O certo é que vivimos nun mundo cheo de estereotipos, estilos que parecen estar marcados de ante man e unha enorme falta de criterio propio. Para min é bonito ser un mesmo. Non sei que lle ven a iso de ser iguais!  Como di na canción: “eles van en coches rápidos pero non saben a onde van, polo carril rápido e vivindo a vida sen saber”. Eu diría de abrir un pouco os ollos, mirar o teu interior e coñecer quen ti eres, só así, poderás ver que é moi bonito tomar as túas propias decisións, e o que é máis importante, alcanzar o éxito da túa persoa.