Ver aos nenos correndo dun lado ao outro, berrando, saltando…
Cando un é neno non ten tempo para preocupacións, só importa xogar, estar cos teus amigos, pasalo ben… As aparencias, o futuro, ser bo, comportarse ben…todo iso non importa.
Os enfados, os
choros… non teñen importancia: “Marco pegoume”, “caín da bici”, “Non quero
comer”.
É un mundo a
parte, paralelo ao ser adulto.
As veces miro
para un neno e pregúntome…En que adulto se converterá? Esta rapaza resultará
unha boa estudiante e decidida?? Ou será rebelde e insegura? O mesmo cando
miro para un adulto e digo…Que queda nel do neno que foi? Como sería?
Moitas preguntas
cunha resposta directa ou futura… Como dirían os máis vellos (e sen ofender a
ninguén): Éche lei de vida!!