martes, 24 de xuño de 2014

En busca da felicidade

Non, non se trata da película (que por certo non vin) senón de adentrarnos máis no significado desta frase.

Todos nós, en situación normais, temos unha vida relativamente longa e creo que, e nisto coincidiremos a gran maioría, a base da vida é a nosa felicidade. Por exemplo, eu non sería capaz de imaxinar a miña vida se non fora feliz.

Cada un a súa maneira, pero ao fin feliz. Inconscientemente sempre se está en busca dela, pero non se sabe que podemos atopar. Simplemente hai que vivir a vida, e estar con quen ti te atopes mellor, nas actividades onde esteas máis a gusto. Pero que é a felicidade? É algo material? É algo emocional? Creo que xa fixen mención disto con anterioridade.

 
A felicidade é un cúmulo de cousas: emocións inesperadas, de momentos inolvidables, aquela primeira vez que fuches de viaxe, unha canción significativa, o teu primeiro bico, un momento de gloria, o teu primeiro amor, a copa que levantaches co teu equipo do colexio, o “quérote” que lle dixeches a túa nai, a pelexa rematada en risas con túa irmán, o resultado das notas, o teu primeiro traballo, o olor da túa casa, un atardecer no teu pobo… Non existe a felicidade en si, sen máis, senón que son momentos, estados que che marcan.
 Haberá días mellores e outros peores pero sempre hai algo que che saca unha sonrisa, ese algo que che fai ser consciente de que si, es feliz.
E moitas veces a felicidade énchese cunha persoa, aparece, sen facer ruído, que sempre estivo aí, sentes que algo comeza, unha nova etapa, un novo momento cunha felicidade…completa.


1 comentario:

  1. Boa entrada...agora toca aplicalo conto, non? E, como digo noutro sitio, un que sabe moito desto é o amigo Odiseo/Ulises...aínda que ti es menos homérica e salientas o lado cuasimicroscópico da felicidade (eses momentos que van facendo praia!)...

    ResponderEliminar