Todos nós, en situación normais, temos unha vida relativamente longa e creo que, e nisto coincidiremos a gran maioría, a base da vida é a nosa felicidade. Por exemplo, eu non sería capaz de imaxinar a miña vida se non fora feliz.
Cada un a súa
maneira, pero ao fin feliz. Inconscientemente sempre se está en busca dela,
pero non se sabe que podemos atopar. Simplemente hai que vivir a vida, e estar
con quen ti te atopes mellor, nas actividades onde esteas máis a gusto. Pero
que é a felicidade? É algo material? É algo emocional? Creo que xa fixen
mención disto con anterioridade.
A felicidade é un
cúmulo de cousas: emocións inesperadas, de momentos inolvidables, aquela
primeira vez que fuches de viaxe, unha canción significativa, o teu primeiro
bico, un momento de gloria, o teu primeiro amor, a copa que levantaches co teu
equipo do colexio, o “quérote” que lle dixeches a túa nai, a pelexa rematada en
risas con túa irmán, o resultado das notas, o teu primeiro traballo, o olor da
túa casa, un atardecer no teu pobo… Non existe a felicidade en si, sen máis,
senón que son momentos, estados que che marcan.
E moitas veces a
felicidade énchese cunha persoa, aparece, sen facer ruído, que sempre estivo aí,
sentes que algo comeza, unha nova etapa, un novo momento cunha felicidade…completa.