Unha época de descando mental, de comilonas enormes disfrutándoas en familia, xunto cos teus, de mirar pola ventá e ver as rúas alumadas e cheas de vida.
Adultos e nenos viven alonxados de problemas, preocupados
polos regalos que están por vir. Os mais pequechos senten unha mezcla de
ilusión e medo por ver se reibirán aquel agasallo que tanto desexaban
recordando como se portaron este ano.
Todos facemos unha viaxe a aquela historia que se contou,
sexamos creentes ou non, chegamos ata o portal de Belén vendo como os Reis
Magos lle traen ouro, mirra e incienso
ao neno Xesús. Tamén nos subimos no trineo de Papá Noel xunto co seu gran saco
de regalos. Adentrámonos entre o medio das nubes e chegamos a ver a estrela
fugaz nunha noite escura e clara á vez.
É unha fecha onde ves a sonrisa na cara de tódalas persoas,
facendo un paréntesis a vida real para posicionarse nese momento onde o malo
non pasa e a ledicia dun mundo fai presenza.
Nun nadal de 2004.... |
Como son unas fechas especieais, eu tamén quixen facer una entrada especial! Por iso, busquei a unha "rapariga" que me axudara con isto do Nadal, e velaquí o seu pensamento:
O nadal é unha fecha na que todos e todas disfrutamos coas
nosas familias, descansamos, reímonos, comemos… e todo iso xuntos.
Nunha etapa na que todos estamos ilusionados para que Papá
Noel e os reis traian regalos, e non carbón, estamos agardando ese día.
Cando chega ese día todos queremos ver a esa xente, pero
nosos país dinnos que se quedamos despertos non traerán nada, así aínda temos
medo e cerramos os ollos sen sono.
Un día cando nós queramos ir a fóra, saes e ves a un puro
Nadal, ves un inverno, ves unhas luces preciosas, ves o que noutras épocas non
ves.
É con todo iso dito, desexovos a todos e todas un: Bo Nadal!
O dito, e xa dun xeito máis persoalizado, como din na miña
terra: Felis Navidá! J
Cada persoa ten a súa propia imaxe do Nadal, esta é a nosa!
ResponderEliminarEstá claro que en donde eu vivo non hai moito alumbrado que se diga pero,, a imaxe que eu teño si que o ten!
Por iso cada un pode expresar o sentimento que lle produce! ;)
Axuntemos as mans e brindemos pola bonanza nestes tempos tan malos...e que manteñas esa mirada tan inocente (porque supoño que é a túa, non?)...ah, e moi boa entrada!!
ResponderEliminar