domingo, 15 de decembro de 2013

Caendo derrotado

Unha sensación agridulce, gris por onde a mires, mostrando a cara que nunca queres ver. A sensación de derrota só pode ser expresada polos que, alguna vez, caeron derrotados.

Inevitablemente cando alguén gaña, outro perde. Sempre foi así e, a pesar de poder sacar o positivo, a sensación que che produce queda aí, intercalada no medio de ti, recordándocho en cada instante, como un ir e vir na túa cabeza.

Cando se trata nun equipo ou nun grupo de xente, é máis fácil lévalo. Apóianse uns aos outros e a derrota sempre é de todos.

Pero, como isto non se trata só dun caso deportivo nin colectivo, cando só se trata de ti, das túas propias leis persoais, cando sabes que poderias facelo mellor, e miras ao teu arredor vendo que outros si puideron dis: Por que eu non? Por que non fun capaz?
Podes chegar a dubidar de ti, a túa consciencia segrega un montón de pensamentos incontrolados e as túas gañas de sair correndo, berrando, chorando incrementan a cada paso.

Pero é aí, cando alguén che levanta a cabeza, animándoche, dándoche a ver que o lograrás a próxima vez e que, non hai tal crisis para unha vida chea de voltas e sucesos. A pesar de todo, sabes que o tempo cura todo e guiarache polo teu camiño, pero nese momento sabes que estás así, caéndo derrotado.

1 comentario:

  1. Parece que o descansiño do trimestre non lle veu mal a túa cabesiña...sempre que o escrito sexa literatura!!

    ResponderEliminar