mércores, 25 de setembro de 2013

As Apariencias

Dende sempre tense a manía de prexuzgar a xente polo seu aspecto.
Encántanos criticar, mirar e analizar cada detalle, atopando defectos…
E cando se conoce máis profundamente , estes convértense en virtudes.

Sempre se ve o lixo no ollo axeno.
Quizás o problema estea nas modas, quizás estea na nosa mentaliade ou incluso na nosa educación… pensó que é un problema da sociedade.
Teríamos que aceptar que cada un, é como é, tal e como é: Se é gordo ou delgado, se viste de negro ou de cores, se ten o pelo castaño ou verde…

Porque a personalidade ao final atópase no máis profundo fondo, incluso moita xente non sabe nin como é. Para coñecer a unha persoa moi ben fai falta moitísimas horas de convivencia continua.
O de fóra, como outras veces dixen, é un simple envoltorio do cal podemos presumir de moitísimas maneiras pero nunca lle gañará ao caramelo.
Aquela persoa que se aguanto una súa liña, pasando do que lle dixeran, esa persoa recibe a miña máxima enhoraboa

Non podes quedarte prisioneiro do que van a decir porque senón nunca serás ti.

1 comentario:

  1. Se me deixara levar polas "apariencias" pensaría que es un pouco preguiceira, xa que tardas moito en facer unha entrada, non?
    Pero, aparte do anterior, tes toda arazón (e ben expresada, creo)...

    ResponderEliminar