O regreso de alguén querido, o regreso de algo inolvidable,
o regreso dun momento de gloria…
Quen regresa, algo quere, algo espera.A moitos alegraralles, a outros non lle chistará e a algún non lles importará.
Nun regreso sempre hai reacción, xa que é unha acción, un
acto imborrable que nalgúns casos sorprende, e noutros espera.
Un regreso pode ser agradable, sorprendente, fastidioso…
Trátase de buscar reaccións, é a volta “dun algo” que xa
pasou e que, ás veces, nin tempo lle dou.
E nalgúns casos, o que se necesita, é que alguén que
significou moito e acabou en nada, regrese, aínda que sexa cun simple perdón
facéndoche sentir e dándoche que pensar.
O regreso surge dando resultados positivos ou negativos
producindo cambios.
Eu só espero que este regreso, sexa bo.Regresando... |
Moi bo "regreso"... e creo que lle quedou estupenda a imaxe no remate.
ResponderEliminar