martes, 21 de maio de 2013

O xogo da vida


A maneira de ver a vida cando es rapaz a cando es adulto é moi diferente, iso non cabe dúbida, a medida que creces a maneira de ver as cousas e os teus pensamentos van cambiando.
Pero agora, se nos poñemos a pensar:

Cando es rapaz xogas a mamás e papás, a ser profesores ou médicos… xogamos a ser grandes. E todo iso, non son ensaios da vida? Non serve para un futuro? Incluso, nalgúns casos, para encamiñarte?
Hai veces, tamén, que cando eres grande, podes obsesionarte por que a vida sea tal cal coma a pensabas, xogando.
Realmente é difícil, en ambos casos hai regras que debemos cumprir , non existe ningún xogo sen elas.  Pero, cando es grande, é posible xogalo cas mesmas regras? Acaso non é eso, ser infantil?

Ás veces pregúntome: canto hai nun neno do adulto que será? Canto hai nun adulto do neno que fui?

Ser grande é xogar a un xogo que parece coñecido, pero non o é.
Despois de todo, cada un marca o seu camiño, con maiores ou menores dificultades, pero pódese conseguir chegar ao final. Todo está nun mesmo.

Pero dentro disto, hai unha gran diferenza no xogo:
Cando es rapaz non hai consecuencias, remata o xogo e os soldadiños que perderan na batalla volven á caixa e ao seguinte día xa están listos para unha nova guerra, pero na vida real, no xogo dos “maiores”, fin do xogo significa FIN DO XOGO.

1 comentario:

  1. Rematas moi ben a entrada...a diferencia entre neno e adulto (segundo creo eu) ven sendo o grado de responsabilidade que se ten nas consecuencias dos actos que se fan...

    ResponderEliminar