luns, 21 de xaneiro de 2013

Un mundo feliz

Hoxe vou falar sobre un libro que lin fai pouco. “Un mundo feliz” de Aldoux Huxley.
E para iso vou tema por tema. O principal de todo: A felicidade.
Todos buscamos ese sentimento abstracto que nos completa, eso que necesitamos para vivir a vida dunha maneira agradable.
No mundo do libro, todos (ou case) eran felices, cada un coa súa misión, pero que considero aburrido. Non me imaxino que a xente me sirva e me dea todo feito (xa que para min, algo o esforzo para ó final conseguir lograr algo é unha das partes desa felicidade) nin que o faga eu para ninguén.
Algunha xente pasa a vida esperando a felicidade, pero é que hai que ir a buscala, porque sempre está aí, esperando a ser atopada.
A felicidade é algo tan simple que nin conta nos damos que está aí.
Nun bico, nunha aperta, nunha sonrisa, nunha charla ou incluso en atopar un xoguete de cando eras rapaz.
Ante un momento triste, todos temos o noso soma.
O soma é coma aquela aspirina que tomas cando che doe a cabeza.
Nese mundo para non sentir, non pensar, utilizaban o seu soma pero é que na realidade facemos igual.
Atiborrarse de traballo, falar con alguén de algo que non che interesa, ver unha peli, escoitar unha canción, poñerte a bailar sen control… distraerte ó fin.
O que moitas veces hai que facer, e que os habitantes dese mundo terían que facer é deixar de lado o seu soma, deixalo para atoparse a eles mesmos, porque debaixo do soma, está o que somos, o que queremos e o que sentimos, é enfrentarse a ese algo e que doia, sen anestesia.
Porque o que realmente importa ao final, é o que nos fará desaparecer eses “pantasmas” e ser fiel a un mesmo e gritar ben forte “NON HAI TAL CRISIS”.
Levar a vida como ti queres (e poidas) sen preocupacións, sen dor, sen soidade, con felicidade,  unha vida relaxada… Para iso, hai que dicir adios ao que nos fai mal e ola a todo aquilo que nos completa e nos fai sentir cheos.
Dende o meu punto de vista e o que eu penso é que a xente dese mundo vivía nunha especie de soño.
Nunha utopía cerrada de pensamentos, onde o que necesitaban era espertar, saír do bunquer onde se está tan cómodos. Porque se a vida é soño alguén se apodera dela. Nesesitarían romper a súa burbulla e atopar a chave, porque a vida real, a de verdade, comeza cando abrimos os ollos e deixamos de soñar.
Xa que hai que distinguir entre vivir os teus soños, e soñar cunha vida irreal.

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario