venres, 31 de agosto de 2012

Quen son?

Seguramente moita xente se fixera esta pregunta algunha vez.
Como cando nos miramos a un espello: facémolo para ver como nos ven os demáis? Ou para ver se o espello nos devolve a imaxe que temos de nós mesmos?
"¿Espejito, espejito quién es la más bella del reino?"
A madrastra de Blancanieves facéndose preguntas.

Realmente o de fóra é un simple envoltorio que como todo envoltorio acaba nunha basura, ao final só vale para tapar o de dentro. Un envoltorio pode ser moi bonito e despois o de dentro non valer a pena, ou ao revés. Como tamén pode ser bonito por fóra e por dentro, ou ao contrario.
Ao que vou, e deixándome de metáforas absurdas (ou non tanto), é que a larga o de dentro é o que gaña.
Pero agora estase a usar moito eso de aparentar o que un non é, só por entrar nun grupo, por non quedar atrás ou simplemente para chamar a atención.
Suponse que co paso dese algo chamado tempo algo se aprenda, e cada un acade a súa propia personalidade, ou tamén, quedarte sen ela.
E como non só se pode expresar con palabras deixo esto por aquí para sacar algunha conclusión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario