venres, 29 de xuño de 2012

O valor das palabras

A xente fala moito, pero poucos se preocupan polo valor das palabras.
As palabras son unha arma de destrucción masiva.
Ás vece, usando correctamente as palabras podemos facer calar a miles e millóns de persoas.
Cada palabra ten un significado e moitas delas non se usan dunha maneira adecuada, por iso, moitas veces malinterpretamos o seu significado.
Unha vez dixéronme: “A miña palabra favorita é actuar, porque non se di, faise”.
Unha palabra dita, ou non dita, gritada ou susurrada pode levar a unha revolución.
As palabras están aí, para ser usadas.
As palabras tamén serven para ocultar o que pensamos, o que sentimos.
As palabras dan respostas, pero dan algo máis forte, preduntas.
As palabras fannos reaccionar, fannos sentir, fannos chorar, fannos, reir… Aí está o poder da palabra.
O silencio son palabras gardadas, que non se din. Un xesto, pode dicir máis cunha palabra, unha mirada, unha sonrisa, un son de gloria…
Moitas veces non sabemos por qué calamos, e moitas máis non sabemos por qué falamos.
Deberíamos mirar máis para o valor de cada palabra e aagradecer que están aí.
É igual en que idioma o digas, en voz máis alta ou máis baixa, gritando ou chorando, as palabras están para ser usadas e hai que creer no valor delas.

1 comentario:

  1. É ben certo, ás veces as usamos mal e outras as usamos mellor, pero sen elas ibamos quedar todos mudiños...non?

    ResponderEliminar