martes, 26 de xuño de 2012

O comezo

Todo comeza alí, máis alá das estrelas, incluso máis aló do que coñecemos. Universo infinito, brillante, rodeado de planetas, satélites, nubes de pó estrelado, cometas…Algo mellor?
Na Via Lactea atopamos o meu mundo, o que eu observo dende o meu lugar.
Planeta oceánico, rochoso e cheo de millóns e millóns de partículas. Antes invadido por dinosaurios e terreos densos, agora invadido por humáns e construccións artificiosas.
Todos buscan o paraíso, o lugar donde mellor se está.
Pero non o ven? Está aí! Donde ti queiras que estea.
Mirar para  o ceo nunha noite de estrelas e máis aló, Saturno. Sí, aquel planeta rodeado por un montón de aneis. Mira o teu arredor! Podes velo?
Ás veces só hai que poñer un pouco de imaxinación. Pechar os ollo, deitarte nun campiño ao lado do mar e soñar.
Mirar quen está ao noso lado e xa non importará o lugar.
Porque si, moitas veces pedimos demasiado e pensamos en buscar un lugar donde che dean todo servido, pero o paraiso non está tan lonxe e non é desa maneira.
Por que moita xente se conforma con tan pouco e é super feliz así, e por que outra con tanto non é tan feliz?
Só se trata de mirar máis alá do que xa vemos e poderás comprobar que o paraíso non está tan lonxe!
E con esta canción que reflexa un pouco eso do paraíso, despidome ata a próxima.

1 comentario: